É REALMENTE A XUNTA CULPABLE DA PERDA DE FALANTES DE GALEGO?


O pasado 11 de maio Luis Villares, portavoz parlamentario de En Marea, afirmou que o idioma galego “sobrevive” a pesar da Xunta de Galicia. Neste sentido, o Instituto Galego de Estatística (IGE) elaborara un informe en 2015 segundo o cal o 51,5% dos cidadáns utilizaban como primeiro idioma o propio de Galicia. A pesar do uso maioritario, o galego situábase no momento de menor uso da súa historia. Dacordo co sociolingüista Mauro Fernández, é posible que o castelán desprace á lingua galega en 2018.

Para o político neogaleguista, a redución dos investimentos en normalización lingüística ou a existencia dun menor número de horas neste último idioma, en comparación coas establecidas no xa derogado Decreto 124/2007 (lembremos que entre 2007 e 2010, cando menos, a metade das materias debían impartirse nesta variante do latín), relaciónanse coa perda de falantes. Desta maneira, segundo o IGE, o porcentaxe de persoas que falan só en galego caeu trece puntos entre 2001 e 2011 (incluindo o período do Bipartito: 2005-2009). Pero é realmente certo que a Xunta de Galicia é a culpable da perda de falantes?

En primeiro termo, debemos analizar cales son os factores que inciden no uso e coñecemento dun idioma nun individuo. En relación ó primeiro elemento (emprego), a lingua materna da gran maioría das persoas coincide con aquela na que os pais (ou outros adultos cos que se conviva) falan ós descendentes. Unicamente, o feito de que a lingua empregada (na súa práctica totalidade) fóra da casa sexa distinta á do fogar pode incidir parcial ou totalmente nalgunhas persoas no feito de ter como primeira lingua unha diferente da cal na que se dirixen os proxenitores.

Por outro lado, o uso fóra do espazo doméstico e a transmisión interxeracional poden variar en función do prestixio social dunha lingua. A situación de diglosia do galego dificulta esas accións, como sabemos.

En relación á dimensión do coñecemento, aparte da transmisión pais-fillos, o feito de ter unha formación académica regrada e universal a distintos niveis facilita o dominio a un nivel nativo, con independencia de que sexa ou non o idioma materno, constitúe a segunda causa de aprehensión lingüística. Neste sentido, Feijoo subliñou en febreiro de 2015 que o nivel de dominio tanto oral como escrito do galego era o máis elevado da historia e que, por tanto, había unha disociación entre a sapiencia e o uso.

Partindo desta información, podemos concluir que o sector público non inflúe practicamente nada no feito de que as persoas teñamos unha ou outra lingua materna.

Asimesmo, a oficialidade do galego, recoñecida no Estatuto de Autonomía e na Lei 3/1983, conleva a que o coñecemento deste sexa obrigatorio no ensino medio para os galegos ata os 16 anos (e ata os 18, se se decide cursar Bacharelato). O Decreto 79/2010 estipula que no réxime educativo ordinario un 50% das materias impartiranse en galego. Pola súa banda, nos centros trilingües a porcentaxe baixa ó 33%. Aparte do feito de que a RTVG é un servizo público equitativo integramente en galego, todas as Escolas Oficiais de Idiomas da nosa CC.AA., semigratuitas, ofertan o idioma propio a todos os niveis para calquer residente legal maior de 14 anos. Todo isto é respectivamente garantizado polo goberno autonómico e polo TSXG.

Expostos estes datos, as causas do descenso no número de falantes en lingua galega radican na pervivencia da asociación desta coas clases máis humildes e cos ámbitos rurais (menor grao de “modernidade”, no sentido contemporáneo do termo), que se traduce logo na perda de transmisión interxeracional. Este proceso desenvolveuse en paralelo ó aumento da taxa de poboación urbana galega, como consecuencia, ó mesmo tempo, do proceso de desenrolo económico vivido a partir dos anos sesenta no conxunto de España.

Polo tanto, podemos soster que unha cousa é o grao de intervencionismo normalizador do actual executivo conservador (menor, como vimos, que o aplicado polo Bipartito) e outra que o descenso no número de falantes esté asociado á intensidade no proceso de execución de políticas públicas.

Anuncios

Responder

Introduce tus datos o haz clic en un icono para iniciar sesión:

Logo de WordPress.com

Estás comentando usando tu cuenta de WordPress.com. Cerrar sesión / Cambiar )

Imagen de Twitter

Estás comentando usando tu cuenta de Twitter. Cerrar sesión / Cambiar )

Foto de Facebook

Estás comentando usando tu cuenta de Facebook. Cerrar sesión / Cambiar )

Google+ photo

Estás comentando usando tu cuenta de Google+. Cerrar sesión / Cambiar )

Conectando a %s